6/3/10

ROEDORES

castores

Os castores (xénero Castor) son un grupo de roedores semiacuáticos que se caracterizan polas súas amplas e escamosas colas. Este xénero, engloba tres especies: o castor americano (Castor canadensis), o castor europeo (Castor fiber) e o castor de Kellog (Castor californicus), este último extinguido dende o Pleistoceno. Todas elas habitan exclusivamente no Hemisferio Norte, agás algúns castores americanos que chegaron á rexión sudamericana de Terra do Lume ao ser introducidos alí. Tamén se introduciron individuos desta especie en certas rexións de Europa. Con estas excepcións, Castor canadensis habita unicamente en Norteamérica, e Castor fiber en rexións de Europa e Asia. Castor californicus estendíase polo que hoxe en día é o oeste dos Estados Unidos. Aínda que son moi similares entre si, as investigacións xenéticas demostraron que as poboacións europeas e norteamericanas de castores son de especies distintas; a principal diferenza radica en que teñen diferente número de cromosomas.



leiróns

O leirón careto (Eliomys quercinus) é unha especie esencialmente arborícola e de hábitos nocturnos.

1º PREMIO DE FOTOGRAFÍA DE FAUNA SILVESTRE DE MAMÍFEROS DE LA SIERRA DE BAZA



Ao leirón careto podemos definilo como "un durmiñón con anteface" e é que este pequeno e simpático roedor se caracteriza pola presenza dunha franxa de pelo de cor negra na zona ocular que, a xeito de careta, lle cobre parte do rostro e se prolonga tras as orellas, detalle cromático do que toma o seu nome común (careto). Se ao anterior lle unimos que este animal entra en longos e profundos sonos de onde tamén se adopta a coñecida expresión da linguaxe popular "durmir máis que un leirón", teremos sintetizado nunha poucas palabras ao leirón careto. Pero este glírido tamén se caracteriza anatómica por outra serie de detalles, que non poden pasarnos desapercibidos, como é a súa longa cola ou rabo, poboada de pelos en forma de pincel na punta, da que pode desprenderse en caso de perigo ao ser aprendida por algún depredador (anatomía caudal) poñéndose a salvo deste modo. Tamén conta o leirón careto cunhas orellas ben desenvolvidas nas que destaca o pavillón auricular, dispostas a captar o menor ruído. O leirón careto igualmente está provisto dunhas uñas fortes e potentes, que denotan as súas calidades rubideiras para subir ás árbores, arbustos e muros de pedra en busca de alimento ou refuxio, onde pasa gran parte da súa vida.
O leirón careto ten hábitos principalmente nocturnos, aínda que tamén pode ser visto durante o día e aínda que podemos localizalo nunha grande amplitude de hábitats, ao tratarse dunha especie xeralista, que habita en case toda Europa, sente predilección polos Quercus de onde provén o seu nome científico (quercinus). Non ocupa a alta montaña.

PRIMATES

 Lemures (Familia Lemuridae)
Naturais de Madagascar e dalgunhas Illas do Arquipélago de Camoras. Estes primates habitan en todo tipo de medio onde haxa árbores ou vexetación alta.Aliméntanse de froitas, follas, flores e  as veces dalgún invertebrado que pase por alí.
Loris
Son Realtivamente solitarios, arborícolas e nocturnos. Móvense lentamente entre a follaxe usando as catro extremidades, pero no brincan nin saltan como os primates
Tarsios pigmeos
Unha especie de primates do tamaño dun rato cun peso duns 50 gramos, posúen grandes ollos e orellas.