13/11/12

A TERRA, UN PLANETA DO SISTEMA SOLAR


A Terra, un planeta do Sistema Solar

 
   A Terra  móvese no  espazo a gran velocidade, arrastrada polo Sol no  seu  movemento pola galaxia da que forma parte, a Vía Láctea.
 

   A Terra  xira sobre si mesma ao  redor dun eixe  imaxinario no  sentido oposto ao  das  agullas do reloxo. Tarda 24 horas en dar  unha volta completa. Como consecuencia deste movemento de rotación, prodúcese o día e a noite.

 
   A Terra xira arredor do Sol (translación) describindo unha órbita elíptica,  para o que necesita 365 días,  6 horas e 9 minutos (ano sideral).

 

   O movemento de translación xunto coa inclinación do eixe de xira da Terra  dan lugar ás es- tacións e á variación  das horas de luz diarias ao longo do ano.

 
                                         2. Como é o noso planeta

 

   A Terra  é un planeta rochoso de 6 373 km de raio  medio.

 
   A Terra  divídese en tres capas concéntricas: a codia, o manto e o cleo.

 A codia é a capa exterior e máis delgada, cun grosor, que vai de 5 km a 70 km. A súa tem- peratura sobe pouco a pouco a medida que aumenta a profundidade.

 O manto é a capa intermedia. Chega ata os 2 900  km  de  profundidade. A temperatura está comprendida entre 1000 °C e 3 700 °C.

 O núcleo é a capa máis  interna. É metálico e está composto por  ferro e níquel. Divídese en núcleo externo, que chega ata 5 100 km de profundidade, e en núcleo interno.

 

   A atmosfera é a capa gasosa que envolve a Terra.  A hidrosfera é a capa formada pola auga salgada dos océanos e a auga doce da superficie dos continentes e do subsolo. A biosfera é a capa constituída polos seres  vivos que habitan o planeta.

 

                                                                        3. O satélite da Terra: a Lúa

 

   A Terra  ten un único satélite, a Lúa, 49 veces máis pequeno ca ela.
 

   A Lúa non ten atmosfera e por  iso a súa temperatura varía  moito: chega a 107 °C durante o día e baixa ata –173 °C durante a noite.
 

   A Lúa xira sobre si mesma e á vez faino arredor da Terra.  Ambos os dous movementos duran 28 días e por  iso vemos sempre a mesma cara  da Lúa.

 
   A superficie do  noso satélite mostra grandes manchas escuras chamadas mares  e enormes cráteres  causados polos impactos dos meteoritos.
As rochas que forman o chan lunar son similares ao basalto.

 
   As diversas formas que presenta a zona iluminada da cara  visible da Lúa son coñecidas como

fases. Son catro: lúa nova, cuarto crecente, lúa chea e cuarto minguante.