13/11/12

O universo e o sistema solar


O Universo e o Sistema Solar
 
 
1. Universo
 
   A maioría dos  puntos brillantes que vemos no  ceo  nunha noite clara  son  estrelas. Miles de millóns de estrelas agrúpanse para formar unha galaxia.
No Universo hai  centenares de  miles  de  millóns de  galaxias agrupadas en  cúmulos galácti- cos.
 
   Ademais de estrelas, gas e po cósmico, no Universo hai corpos como os buratos negros e os
corpos  de tipo planetario (planetas, cometas, asteroides...).
Gran  parte da materia que constitúe o Universo non se ve nin se coñece a súa composición, polo que a chamaron materia  escura.
 
   O Universo empezou a formarse hai uns 15 000 millóns de anos tras unha grande explosión, que recibe o nome de Big Bang.
Toda  a materia e a enerxía que constitúen o Universo terían estado reunidas nun punto moi pequeno e denso. Tras unha grande explosión, a materia expandiuse en todas as direccións e, ao  arrefriarse e condensarse, formou as primeiras estrelas, que se reuniron en  galaxias. O afastamento continúa actualmente.
 
   A nosa galaxia é a Vía Láctea e forma parte dun grupo de  máis  de  vinte galaxias chamado Grupo Local.
 
 
 
 
2. As estrelas
 
   As estrelas son corpos esféricos e luminosos constituídos por  gases que se encontran a unha temperatura moi elevada. No seu interior prodúcese constantemente moita enerxía, que se emite en forma de luz e calor.
 
   A cor das estrelas depende da súa temperatura. O tamo e o brillo, así como a temperatura, dependen da masa e da idade, porque as estrelas evolucionan durante a súa vida.
 Unha estrela de tamaño medio evolucionará ata converterse nunha xigante vermella. Des- pois,  converterase nunha anana branca e, finalmente, pasará a ser  unha anana negra. O Sol pertence a esta categoría.
 Unha estrela grande e densa orixinará unha superxigante vermella que acabará explo- tando nunha supernova. Esta explosión pode destruír completamente a estrela ou  con- vertela nunha anana branca.
 Unha estrela moi grande e moi densa, tras converterse en supernova, colapsarase e orixinará un burato negro.
 
 
 
 
 e o Sistema Solar3. O Sistema Solar

 

   O Sistema Solar está formado por  unha estrela central, o Sol, e un  gran número de  corpos de tipo planetario: planetas, planetas ananos, satélites e outros corpos menores.

 

   Un planeta é un corpo que xira arredor do Sol seguindo unha traxectoria elíptica, chamada órbita,  ten forma esférica e non comparte a órbita con ningún outro corpo.

 Os planetas interiores son:  Mercurio, Venus, a Terra  e Marte. Son rochosos e están máis preto do Sol.

 Os planetas exteriores son: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Teñen un núcleo rochoso, pero na súa maior parte son gasosos. Son os que están máis afastados do Sol.

 

   Un planeta anano é un  corpo que xira  arredor do  Sol seguindo unha traxectoria eptica, chamada órbita,  ten forma esférica e comparte a súa órbita con outros corpos.

Os planetas ananos son  Ceres,  Plutón, Haumea, Makemake e Eris. Os catro últimos están situados máis alá de Neptuno e reciben o nome de plutoides.

 

 

 

4. Outros compoñentes do Sistema Solar

 

   Os satélites son corpos que non xiran  arredor do Sol, senón que o fan  arredor doutros corpos do Sistema Solar.

A maioría dos satélites que xiran  arredor dos planetas son esféricos, como a Lúa, pero tamén os hai irregulares, como os satélites de Marte: Fobos  e Deimos.

 

   Os cometas son corpos menores que son visibles  cando se achegan ao Sol, porque entón mostran unha vistosa cola  que os diferencia doutros astros. Están formados por  un  cleo irregular que contén principalmente xeo  e po.  Cando se achegan ao  Sol, os compoñentes do  cometa empezan a evaporarse e arrastran partículas de  po  que forman a cabeleira e a cola.

 

   Os asteroides son  corpos menores de  composicn rochosa. A maioría encóntranse entre Marte e Xúpiter e forman o cinto de asteroides.

 

   As meteoroides son fragmentos de asteroides ou restos de cometas que viaxan polo espazo.

Cando impactan sobre outros corpos do  Sistema Solar,  denomínanse meteoritos. Hai tres tipos de meteoritos: os rochosos, os totalmente metálicos e os intermedios.

Cando son  pequenos quéimanse ao  entrar na  atmosfera terrestre e pódese ver como atravesan o ceo rapidamente: son as estrelas fugaces.